Xestión da prevención para a mellora da produtividade

Publicado o: 09/11/2015

Os servizos de prevención convértennos nun colaborador estratéxico para o mantemento de equipos de alto rendemento nas empresas españolas

Canda a cobertura das prestacións económicas e sanitarias, a lei vixente recoñece e estimula o labor preventivo das mutuas, para asesorar as empresas na redución da sinistralidade e na prevención de riscos laborais

Servizos adaptados a calquera empresa

Traballadores e empresas asociadas

O modelo asistencial e de xestión de Mutua Universal permite a adaptación de produtos e servizos a empresas de calquera dimensión e sector de actividade, desde os principios da atención personalizada e a colaboración constante.

Como podemos contribuír á competitividade e produtividade das empresas?

O impacto da crise económica e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, entre outros factores, están provocando un cambio estrutural no tecido empresarial español. Compañías de calquera dimensión e sector precisan de solucións innovadoras e de elevada eficiencia para desenvolver e manter equipos de alto rendemento que contribúan a impulsar a súa competitividade.

Para garantir a súa continuidade, estes equipos deben manterse cohesionados, motivados e con boa saúde, co que a prevención de riscos e a axilidade na rehabilitación dos traballadores son procesos cada vez máis relevantes.

Dentro do marco legal vixente, desenvolvemos programas e actividades de asesoramento, orientación técnica e asistencia para que as empresas asociadas poidan levar a cabo unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes e enfermidades profesionais.


Contacta co teu interlocutor en prevención máis próximo

Publicado o: 13/01/2016

A nosa prevención de riscos laborais encádrase no marco normativo actual e dos nosos obxectivos como entidade

  • A Lei 35/2014, do 26 de decembro, pola que se modifica o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social en relación co réxime xurídico das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social.
  • O Regulamento de colaboración, artigo 13. Pendente de revisión conforme á Lei 35/2014.
  • Real decreto 860/2018, do 13 de xullo, polo que se regulan as actividades preventivas da acción protectora da Seguridade Social a realizar polas mutuas colaboradoras coa Seguridade Social.
  • As resolucións anuais da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se determinan as actividades preventivas que deben realizar as mutuas de accidente de traballo: Plan de actividades preventivas (PAP).

As actividades preventivas teñen que cumprir cos seguintes aspectos

  • Van dirixidas ás empresas asociadas, aos seus traballadores dependentes e aos traballadores adheridos a Mutua Universal.
  • Non xeran dereitos subxectivos (é dicir, os suxeitos non teñen dereito a esixir que se lles presten estas actividades).
  • Nunca substituirán os empresarios no cumprimento das obrigas que como tales tivesen asignadas.

Actividades preventivas incluídas na Lei 35/2014

  • Actividades dirixidas a asistir as empresas asociadas, os seus traballadores dependentes e os traballadores adheridos no control e, se é o caso, redución dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais da Seguridade Social.
  • Actividades de asesoramento ás empresas asociadas e aos traballadores autónomos co obxecto de que adapten os seus postos de traballo e estruturas para a recolocación dos traballadores accidentados ou con patoloxías de orixe profesional.
  • Actividades de investigación, desenvolvemento e innovación que deben realizar directamente as mutuas, dirixidas á redución das continxencias profesionais da Seguridade Social.

Programas de actuación incluídos no Plan de actividades preventivas

Nas resolucións emitidas pola Seguridade Social desde 2012, establécense varios programas dirixidos a:

  • Actividades en pequenas empresas
  • Actividades en empresas en función dos seus indicadores de sinistralidade
  • Actividades en empresas con determinadas enfermidades profesionais
  • Actividades de difusión e divulgación de determinados temas: Prevención25, coordinación de actividades empresariais, etc.