Prevención de riscos laborais para pemes
Que debes saber, o que hai que facer e como facero (e as súas ferramentas)

Publicado o: 21/08/2017
PRL para PEMES

Esta aplicación ten como obxectivo que coñezas e entendas os fundamentos da prevención de riscos laborais, de agora en diante PRL, para que esteas na mellor disposición de organizar, xestionar e controlar a acción preventiva na túa empresa, xa sexa cos teus propios medios ou mediante os dun servizo de prevención externo.

Está especialmente dirixida ás pequenas empresas que non desenvolvan actividades perigosas. Non obstante, tamén pode ser de interese para toda aquela persoa que queira iniciarse dunha maneira fácil no coñecemento da PRL.

Desenvólvese asimilando a PRL ao concepto dunha árbore que necesita dunhas raíces e unhas ramas para alimentarse, sosterse e manterse firme.

Podes consultar os 32 temas que che ofrecemos desde os desdobrables ao pé de cada sección ou pulsar sobre as imaxes para coñecer a súa totalidade. Cada tema consta dunha ficha descritiva, un documento en formato “Flipping book” e anexos. Queres coñecer as funcionalidades de nosos flippings books?  Pulsa aquí.