Os servizos de prevención convértennos nun colaborador estratéxico para o mantemento de equipos de alto rendemento nas empresas españolas.
Canda a cobertura das prestacións económicas e sanitarias, a lei vixente recoñece e estimula o labor preventivo das mutuas, para asesorar as empresas na redución da sinistralidade e a prevención de riscos laborais.
O modelo asistencial e de xestión de Mutua Universal permite a adaptación de produtos e servizos a empresas de calquera dimensión e sector de actividade, desde os principios da atención personalizada e a colaboración constante.
O impacto da crise económica e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, entre outros factores, están provocando un cambio estrutural no tecido empresarial español. Compañías de calquera dimensión e sector precisan de solucións innovadoras e de elevada eficiencia para desenvolver e manter equipos de alto rendemento que contribúan a impulsar a súa competitividade.
Para garantir a súa continuidade, estes equipos deben manterse cohesionados, motivados e con boa saúde, co que a prevención de riscos e a axilidade na rehabilitación das persoas traballadoras son procesos cada vez máis relevantes.
Dentro do marco legal vixente, desenvolvemos programas e actividades de asesoramento, orientación técnica e asistencia para que as empresas asociadas poidan levar a cabo unha xestión eficaz en materia de prevención de accidentes e enfermidades profesionais.
Contacta coa túa persoa interlocutora en prevención máis próxima