Asesoramento, consultoría e sensibilización

Publicado o: 14/12/2015

Ofrecemos un conxunto de servizos de alto valor engadido deseñado para resolver as dúbidas de profesionais con responsabilidades de prevención na empresa.

Publicado o: 12/01/2022

Asesoramento en prevención

O asesoramento en prevención é unha actividade dirixida a profesionais de servizos de prevención propios/mancomunados e designados, para resolver as dúbidas que xorden ao desenvolveren e xestionaren as súas actividades preventivas:

  • Elaboración e implantación de plans e programas de prevención.
  • Identificación de necesidades formativas das persoas traballadoras.
  • Investigación de accidentes e enfermidades profesionais.
  • Actuación en emerxencias.
  • Avaliación de riscos.
Publicado o: 14/01/2016

Consultoría en prevención

A consultoría é unha actividade de asesoramento e apoio técnico de alto valor engadido dirixido ao persoal técnico de prevención así como ao persoal de ingenieria e persoal responsable técnico ou médico de empresa, en relación a aspectos de prevención que teñen unha elevada complexidade técnica.

Os servizos de consultoría en prevención están especializados en:

  • Ergonomía.
  • Seguridade química.
  • Psicosocioloxía.
  • Saúde laboral e promoción da saúde.
Publicado o: 14/01/2016

Actividades de sensibilización

As actividades de sensibilización en relación á prevención teñen como obxectivo conseguir un grao de concienciación axeitado fronte aos riscos relacionados, implantar unha cultura preventiva e complementar as accións técnicas que se levan a cabo nos diferentes postos de traballo.

As actividades de sensibilización en prevencíon clasifícanse en: campañas, charlas informativas nas empresas, programas de xeración de boas prácticas e Circuíto Universal (circuíto de actividades dispostas segundo un percorrido de temas progresivos sobre hábitos saudables).