Teletraballo

Publicado o: 04/05/2020

Traballar desde o propio domicilio ou desde un lugar externo á empresa non é un concepto novo, per si que é un concepto en alza, potenciado polas posibilidades que achegan as tecnoloxías TIC e polos novos valores sociais compartidos polas novas xeracións que entraron no mundo laboral.

Teletraballar non é simplemente traballar desde a casa, require un reformulación do traballo en todas as súas facetas para que sexa un éxito. Entre estas facetas encóntrase a prevención de riscos laborais. No teletraballo, mánténse a relación laboral tradicional entre persoa empresaria e persoa traballadora e, por iso, as empresas teñen que xestionar as condicións de seguridade e saúde dos seus profesionais en réxime de teletraballo.

Mutua Universal deseñou este espazo onde proporciona orientación e instrumentos para axudar as empresas asociadas a xestionar a seguridade e saúde das persoas do seu cadro de persoal que apliquen esta modalidade de traballo.