Coordinación de actividades empresariais

Publicado o: 10/09/2021

A contratación de obras ou servizos no ámbito empresarial, práctica habitual na actualidade, leva asociada a concorrencia de varias empresas ou persoas traballadoras autónomas nun mesmo centro de traballo, o que pode provocar debido á interacción das diferentes actividades desenvolvidas e dos riscos inherentes que cada unha leve asociados, situacións en que a posibilidade de accidente se vexa agravada, como tamén as súas potenciais consecuencias.

É por iso que a normativa en prevención de riscos laborais dedica especial atención a estas situacións, no artigo 24 da lei de prevención de riscos laborais, e no seu desenvolvemento no Real decreto 171/2004, establecendo a necesidade de levar a cabo unha coordinación de actividades empresariais para controlar esas interaccións e garantir que as empresas ou persoas traballadoras autónomas concorrentes actúan de maneira coherente aos principios da acción preventiva e aplican correctamente os métodos de traballo.


Sabes que figuras existen na coordinación de actividades empresariais?

Aínda que a coordinación de actividades empresariais implica e require da cooperación de todas as partes, as obrigas específicas para cada unha das empresas ou persoas traballadoras autónomas varían en función do rol de cada unhas delas na situación de concorrencia (relación co lugar en que se desenvolvan os traballos, tipo de traballo contratado, posición na cadea de subcontratación, etc.).

Coñece cales son as figuras que interveñen nun escenario de concorrencia, identifica cal correspóndeche e consulta algunhas das túas obrigas:


Publicado o: 10/09/2021

Lembra

A coordinación de actividade empresariais:

  • É obrigatoria nas situacións de concorrencia de varias empresas ou persoas traballadoras autónomas (Art. 24 LPRL).
  • Require da corresponsabilidade de todas as partes e persegue garantir a protección das persoas que participan nos traballos; non debe converterse nun mero intercambio de documentación.
  • Implica tamén as persoas traballadoras autónomas, quen non están exentas do deber de cooperación e de información e instrución.