Programas de redución da sinistralidade

Publicado o: 14/12/2015

Os nosos programas están orientados á redución do número de accidentes e enfermidades profesionais, e dirixidos a empresas que cumpran os criterios da planificación da actividade preventiva (PAP) ou presenten un índice de sinistralidade superior ao habitual.

Os programas redución da sinistralidade dan resposta a un problema para a empresa que afecta directamente á súa produtividade e rendibilidade.

Programas eficaces para todo tipo de empresas

O programa está composto por un plan de accións que ten como obxectivo reducir a sinistralidade da empresa nun prazo de tempo determinado. Está baseado nunha metodoloxía propia que garante a redución dos accidentes, interferindo minimamente no día a día da empresa.

A implantación dos programas realízase mediante unha metodoloxía plenamente contrastada que permite a súa adaptación a empresas de diversas dimensións e distintas necesidades en materia de prevención de riscos laborais.

Redución da sinistralidade

Trabállase conxuntamente coa empresa

  • Planificamos reunións de seguimento e coordinación.
  • Establécense conxuntamente coa empresa controis da eficacia das medidas achegadas e planifícanse reunións nas que se analiza o desenvolvemento do plan e se discuten melloras ou cambios.
  • Selecciónanse os responsables do programa.

Beneficios

  • Redución da sinistralidade e dos custos asociados
  • Incremento dos recursos para a produción
  • Incremento da competitividade
  • Mellora das condicións de traballo e do clima laboral

Programas