Campaña EU-OSHA. Traballos saudables: relaxemos as cargas (2020-2022)

Publicado o: 03/12/2020

Os trastornos músculo-esqueléticos (TME) son un dos problemas de saúde relacionados co traballo máis habituais en Europa. Provocan dor e molestias nas costas, o pescozo, os ombros, as extremidades superiores e inferiores, e poden afectar á capacidade da persoa para traballar.

Tras un exhaustivo traballo de investigación sobre os TME e para fomentar a posta en práctica das conclusións alcanzadas tras estes estudos, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo, EU-OSHA polas súas siglas en inglés, lanza unha nova campaña bianual, 2020-2022, co lema "Traballos saudables: relaxemos as cargas"

O obxectivo desta campaña é divulgar información completa acerca dos trastornos músculo-esqueléticos e instar a que se adopte un enfoque integrado da xestión deste problema no ámbito laboral.

Publicado o: 03/12/2020

O web da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) ofrece argumentos, recursos útiles, ferramentas e solucións prácticas para a abordaxe dos trastornos músculo-esqueléticos.

Publicado o: 03/12/2020

Ao longo destes dous anos, desde a Mutua Universal iremos realizando diversas accións, comprometidas cos obxectivos da campaña. Estreámonos coa elaboración dunha sección no noso web dedicada á "Saúde músculo-esquelética". 

Neste portal encontrarás os recursos que necesitas para coñecer e combater os trastornos músculo-esqueléticos: información sobre as lesións máis comúns, como evitalas, instrumentos á túa disposición, recomendacións prácticas… ademais dos dispositivos robóticos antifatiga e a lexislación máis recentes, entre outras novidades.