Alerta fronte a substancias perigosas

Publicado o: 01/02/2017

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) levou a cabo unha campaña de ámbito europeo durante 2018 e 2019, dedicada á prevención dos riscos por exposición a substancias perigosas nos lugares de traballo: alerta fronte a substancias perigosas.

O obxectivo é reducir a exposición a substancias perigosas nos lugares de traballo, concienciando sobre os riscos e as formas máis efectivas de previros, sendo un obxectivo específico os axentes canceríxenos. Mutua Universal dispón dun apartado dedicado á prevención da exposición a canceríxenos: PrevenCAREX

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) realizou a campaña “Evitemos hoxe o cancro laboral de mañá". Esta campaña desenvolveuse entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2022. 

As substancias perigosas seguen sendo un problema importante para a seguridade e a saúde no posto de traballo. Os efectos da exposición a axentes químicos abarcan desde danos temporais ou leves á saúde, como irritación da pel, ata enfermidades agudas ou crónicas graves, como son as enfermidades respiratorias, e enfermidades que poden causar a morte, como a asbestose ou o cancro.

A campaña finalizou en novembro de 2019 coa entrega dos galardóns europeos ás mellores prácticas, que se outorgan como recoñecemento das solucións excepcionais e innovadoras. Podedes consultar as boas prácticas premiadas e o resto de casos prácticos publicados sobre a prevención da exposición a substancias perigosas.