Sensibilización en seguridade

Publicado o: 14/01/2016

As campañas de promoción de seguridade están dirixidas ás empresas que son conscientes de que a prevención non só é función da empresa, senón que se constrúe a partir dunha actitude e aptitude adecuadas de todos os que participan no proceso produtivo da compañía.

Neste sentido, poden ser de utilidade para aquelas organizacións que están a traballar na mellora das súas condicións de traballo e queiran ademais estimular, motivar e impulsar os seus profesionais a comportamentos e hábitos responsables.