Campos electromagnéticos (CEM)

Publicado o: 25/02/2019

Moitas das actividades que levamos a cabo nos nosos postos de traballo xeran campos electromagnéticos (CEM): ordenadores, móbiles, tablets PC... E non só en oficinas, tamén en procesos de fabricación, soldaduras, investigación, comunicacións, equipos médicos, redes eléctricas, etc.

Os riscos para os traballadores poden ser debidos aos efectos directos dos CEM no corpo ou aos efectos indirectos que derivan da presenza de obxectos nese campo. Os efectos directos poden ser non térmicos ou térmicos.

Na maioría dos lugares de traballo os niveis de exposición son moi baixos e non dan lugar a riscos para os traballadores. Porén, as exposicións por riba dos valores límite de exposición (VLE) poden ocasionar:

  • No caso dos campos de baixa frecuencia: efectos nos tecidos nerviosos e os músculos.
  • No caso dos campos de alta frecuencia: quentamento dos tecidos.