Radon, un risco descoñecido

Publicado o: 07/09/2023

O radon é un gas radioactivo xerado de maneira natural polo terreo que ao ascender á superficie entra no interior das edificacións, tanto vivendas como lugares de traballo.

Ao ser inhalado, o radon pode xerar cancro de pulmón debido á radiación que emite na súa desintegración. A Organización Mundial da Saúde (OMS) considérao a segunda causa de cancro pulmonar tras o tabaco e a primeira causa de cancro pulmonar en persoas non fumadoras.

Un informe recente do Ministerio de Sanidade “Mortalidade atribuíble á exposición a radon residencial en España” atribúe ao gas radon o 3,8 % das mortes por cancro de pulmón en España.

O radon encóntrase na natureza en función das características xeolóxicas do terreo. Os subsolos graníticos son os que máis radon xeran porque son ricos en uranio. Tamén se disolve nas augas subterráneas que transitan polo subsolo.

As empresas que poden estar expostas ao radon son aquelas con:

  • Actividades subterráneas como minas, covas ou túneles.
  • Actividades con auga subterránea: embotelladoras, balnearios ou termas.
  • E todas aquelas empresas situadas en zonas de actuación prioritaria.