Directiva 2013/59/Euratom do Consello do 5 de decembro de 2013 pola que se establecen normas de seguridade básica para a protección contra os perigos derivados da exposición a radiacións ionizantes.
A directiva europea regula tanto a exposición a radiacións ionizantes no ámbito médico para mellorar a seguridade de pacientes, profesionais sanitarios e equipos, como as exposicións ocupacionais e poboacionais a radiacións e, de forma expresa, ao radon.
Esta directiva establece como valor límite de exposición laboral a radon de 300 Bq/m3 e a necesidade de elaborar por parte dos países membros un Plan Nacional contra o Radon.
Esta directiva foi trasposta en España de forma fraccionada e en diferentes tempos por:
Dispón a nova sección HS6: “Protección fronte á exposición ao Radon” dentro dos documentos básicos de salubridade do CTE. Establece medidas regulamentarias se se supera o nivel de referencia de 300 Bq/m3. As medidas para limitar a penetración do radon nos edificios establécense en función do nivel de risco de radon do municipio en que se situen:
1. Zonas de risco I: entre 300 e 600 Bq/m3
2. Zonas de risco II: se superan os 600 Bq/m3
Os municipios aparecen relacionados no Apéndice B. As medidas serán de aplicación en obras novas e en intervencións en edificios existentes, como ampliacións, cambios de uso ou reformas.
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana publicou unha guía titulada: “Rehabilitación frente al radón” (setembro 2020), para axudar proxectistas de obras e persoas usuarias de edificios afectados na posta en marcha das medidas preventivas que aparecen no CTE.
Esta normativa derroga o Real decreto 783/2001, sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes, cun ámbito de aplicación similar pero actualizandoo e adaptandoo aos niveis de protección europea. Destacar que, con respecto ao radon adóptase o nivel europeo de referencia para a concentración de radon en aire termo medio anual de 300 Bq/m3, antes 600 Bq/m3
Establécese a obriga do Goberno de impulsar e aprobar un Plan Nacional contra o Radon, necesario para protexer a saúde da poboación e reducir o risco que supón a exposición a longo prazo a radon. Especifícanse as obrigas no relativo ao cumprimento deste nivel de referencia permitida. No caso das exposicións ocupacionais ao radon, establécese o nivel de dose anual a partir do que a exposición dos traballadores deberá xestionarse como unha situación de exposición planificada.
No Artigo 75, dedicado ás Obrigas do titular, especifícanse as actividades laborais afectadas, que son as seguintes:
a) Lugares de traballo subterráneo, tales como obras, túneles, minas ou covas.
b) Lugares onde se procese, manipule ou aproveite auga de orixe subterránea, tales como actividades termais e balnearios.
c) Todos os lugares de traballo situados en planta baixa rasante ou planta baixa dos termos municipais de actuación prioritaria.
Esta normativa establece como deben proceder as empresas en cuxos centros de traballo supérense os 300 Bq/m3. Define os prazos para proceder á declaración da actividade no Rexistro de actividades laborais con exposición a radiación natural da súa Comunidade Autónoma e dos estudos para a súa redución e cálculo de dose que se deben realizar, en función dos termos medios anuais medidos.