Plan Nacional contra o radon (PNR)

Publicado o: 25/01/2024

A Directiva 2013/59/Euratom establece que os países membros deben impulsar e aprobar un PNR, que recolla as políticas para reducir o risco para a saúde da poboación debido á exposición ao radon en recintos pechados, xa sexan vivendas, lugares públicos ou centros de traballo.

Países como Italia ou Francia veñen cumprindo esta obriga desde hai anos por cóntano con cuartas edicións dos seus plans, como é o caso de Francia.

España desde inicios do 2024 dispón do primeiro Plan para protexer a saúde do conxunto da poboación fronte ao risco derivado da exposición ao gas radon, que debe ser revisado cada 5 anos.

Publicado o: 19/12/2024

O Plan se articula arredor de cinco eixes estratéxicos:

  1. Coñecemento e infraestrutura básica
  2. Edificación
  3. Lugares de traballo
  4. Zonas de actuación prioritaria
  5. Comunicación e concienciación

Publicado o: 16/12/2024

Estratexia Galega Reduce Radon 2025-2030 

Galicia é a comunidade española máis afectada pola exposición a radon debido a súa xeoloxía. Se lle atribúe entre un 10 e 15 % dos casos totais de cancro de pulmón e un 7 % das defuncións.

Por este motivo a Dirección Xeral de Saúde Pública de Galicia deseñou unha estratexia pioneira a nivel nacional para reducir os niveis de radon no período 2025-2030 e que foi publicado o 7 de novembro de 2024.

A Estratexia Galega Reduce Radon 2025-2030 se articula arredor de cinco eixes de actuación con medidas específicas e prevé crear a Oficina Técnica de Control do Radon.