IMS
Incapacidade, Morte e Supervivencia

Publicado o: 01/10/2015

Prestacións por morte e supervivencia

Prestación económica que trata de compensar a situación de necesidade económica que produce, para determinadas persoas, o falecemento doutras.

Estas prestacións áchanse incluídas na acción protectora, tanto do réxime xeral coma dos réximes especiais.

Baixo o título de Prestacións por morte e supervivencia intégranse as prestacións económicas de:


Mutua Universal cobre a morte e supervivencia cando deriva de accidente de traballo e enfermidade profesional, ofrecendo as seguintes prestacións:

  • Asume o custo das prestacións de pagamento único derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante o aboamento directo ao beneficiario, das prestacións a prezo fixado por morte, auxilio por defunción e subsidio a favor de familiares. As prestacións de pagamento único (a excepción do auxilio por defunción) derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional, encóntranse suxeitas a tributación nos termos establecidos no art. 17.2 da Lei 35/2006 do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)
  • Asume o custo das prestacións de pensións derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante a constitución na Tesouraría Xeral da Seguridade Social do correspondente capital custo.

Prestacións por incapacidade permanente

Incapacidade permanente é a situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito e de ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral. Non impedirá tal cualificación a posibilidade de recuperación da capacidade laboral do incapacitado, se a dita posibilidade se estima medicamente como incerta ou a longo prazo.

Entendemos por Incapacidade Permanente a situación en que se encontra un traballador, que reúne as seguintes circunstancias:

  • Ser sometido a un tratamento médico
  • Presentar reducións anatómicas ou funcionais graves
  • O anterior é susceptible determinación obxectiva (con probas médicas)
  • Que presumiblemente sexan definitivas (que non sexa medicamente posible a recuperación)
  • Que diminúan ou anulen a capacidade de traballo

No caso de Continxencias profesionais:

  • A mutua iniciará as actuacións ante o Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) co fin de determinar a prestación económica que deberá recibir o traballador.
  • A mutua debe asumir o custo das prestacións de pagamento único derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante o aboamento directo ao beneficiario, sempre que resulte responsable no seu caso caso, das indemnizacións por baremo en caso de lesións permanentes non invalidantes ou a cantidade a prezo fixado no suposto da incapacidade permanente parcial.

As prestacións de pagamento único derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional, encóntranse suxeitas a tributación nos termos establecidos no art. 17.2 da Lei 35/2006 do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

  • A mutua debe asumir o custo das prestacións de pensións derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante a constitución na Tesourería Xeral da Seguridade Social do correspondente capital, sempre que resulte responsable no seu caso.

No caso de Continxencias comúns:

  • A lei establece que as mutuas non asumen o pagamento das prestacións económicas que puidesen derivarse da declaración de incapacidade permanente. Estas correrán a cargo do INSS.