Prestación por orfandade
1. Beneficiarios
Cada un dos fillos do causante, calquera que sexa a súa natureza ou filiación
A partir do 2 de agosto de 2011:
- Menores de 21 anos ou incapacitados para o traballo nun grao de IPA ou G.I.
- Maiores de 21 anos sempre que non traballen ou perciban rendementos do traballo inferiores en contía anual ao S.M.I. Cobrarán ata o cumprimento dos 25 anos
2. Prestación
Contía da pensión: 20% da base reguladora.
Nos casos de orfandade absoluta, as prestacións correspondentes ao orfo incrementaranse nos termos e condicións recollidas no Real decreto 296/2006 do 6 de marzo que incorporou un novo artigo 38 ao Decreto 3158/1966, do 23 de decembro (Regulamento xeral que determina a contía das prestacións económicas do réxime xeral da Seguridade Social)
Nos supostos de violencia de xénero, cando o proxenitor supervivente perdese a condición de beneficiario da pensión de viuvez, o orfo terá dereito aos incrementos previstos para os casos de orfandade absoluta.
Así mesmo, asimílase a orfo absoluto o orfo dun só proxenitor coñecido.
Indemnización a prezo fixado por accidente de traballo ou enfermidade profesional. En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional, concédese ademais da pensión, unha indemnización a prezo fixado equivalente a 1 mensualidade da base reguladora.
3. Extinción
- Por cumprir 21 anos (non sendo que, en tal momento, estivese afectado de IPA ou G.I) ou, se é o caso, os novos límites de idade aos que se fai referencia no apartado beneficiarios.
- Por contraer matrimonio ou constituír unha parella de feito, non sendo que estivese afectado do IPA ou G.I
- Por cesar a incapacidade que lle outorgaba o dereito á pensión.
- Por falecemento.
- Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido por accidente.