Sobre as prestacións por incapacidade permanente

Publicado o: 11/02/2016

Incapacidade permanente é a situación do traballador que, despois de estar sometido ao tratamento prescrito e de ser dado de alta medicamente, presenta reducións anatómicas ou funcionais graves, susceptibles de determinación obxectiva e previsiblemente definitivas, que diminúan ou anulen a súa capacidade laboral. Non impedirá tal cualificación a posibilidade de recuperación da capacidade laboral do incapacitado, se a dita posibilidade se estima medicamente como incerta ou a longo prazo. 

Entendemos por Incapacidade Permanente a situación en que se encontra un traballador, que reúne as seguintes circunstancias:

  • Ser sometido a un tratamento médico
  • Presentar reducións anatómicas ou funcionais graves
  • O anterior é susceptible determinación obxectiva (con probas médicas)
  • Que presumiblemente sexan definitivas (que non sexa medicamente posible a recuperación)
  • Que diminúan ou anulen a capacidade de traballo


No caso de continxencias profesionais

A mutua iniciará as actuacións ante o Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) co fin de determinar a prestación económica que deberá recibir o traballador.

  • A mutua debe asumir o custo das prestacións de pagamento único derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante o aboamento directo ao beneficiario, sempre que resulte responsable se é o caso, das indemnizacións por baremo en caso de lesións permanentes non invalidantes ou a cantidade a prezo fixado no suposto da incapacidade permanente parcial. As prestacións de pagamento único derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional, encóntranse suxeitas a tributación nos termos establecidos no art. 17.2 da Lei 35/2006 do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)
  • A mutua debe asumir o custo das prestacións de pensións derivadas de accidente de traballo e enfermidade profesional mediante a constitución na Tesourería Xeral da Seguridade Social do correspondente capital, sempre que resulte responsable no seu caso.

No caso de continxencias comúns

A lei establece que as mutuas non asumen o pagamento das prestacións económicas que puidesen derivarse da declaración de incapacidade permanente. Estas correrán a cargo do INSS.

Como se tramita esta prestación?