Pensión en favor de familiares

Publicado o: 23/11/2015

1. Beneficiarios

Netos e irmáns, Orfos de pai e nai, sempre que na data do falecemento sexan:

Menores de 18 anos ou incapacitados para todo traballo.

Menores de 22 anos, cando non efectúan un traballo lucrativo ou cando, realizándoo, os ingresos que obteñan, en cómputo anual, non superen o límite do 75% do salario mínimo interprofesional que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual.

Nais e avoas. Viúvas, solteiras, casadas cuxo marido sexa maior de 60 anos ou incapacitado para o traballo, separadas xudicialmente ou divorciadas.

Pais e avós. Con 60 anos cumpridos ou incapacitados para o traballo.

Fillos e irmáns. Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente, maiores de 45 anos, que estean solteiros, viúvos, separados xudicialmente ou divorciados, sempre que acrediten dedicación prolongada aos coidados do causante.

Así mesmo todos os beneficiarios deberán cumprir os requisitos recollidos nos apartados c), d) e e) do punto primeiro do art. 22.2 da Orde do 13 de febreiro de 1967, en relación co art. 176 da Lei xeral da Seguridade Social, aprobada por R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño (BOE 29/06/1994):

Convivir co causante e á súa conta con 2 anos de antelación ao falecemento daquel ou desde a morte do familiar co que convivisen, se esta ocorrese dentro do devandito período.

Non ter dereito a pensión pública. A procedencia do recoñecemento da pensión, quedará condicionado á opción daqueles beneficiarios que perciban outra pensión.

Carecer de medios de subsistencia, por ter ingresos económicos iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional, e de familiares con obriga e posibilidade de prestarlles alimentos.

Están obrigados a prestarse alimentos, segundo o que se establece nos artigos 142 e 143 do Código Civil, os cónxuxes, ascendentes e descendentes; os irmáns só se deben os "auxilios necesarios para a vida", polo que quedan excluídos da obriga de prestar alimentos.


2. Prestación

O 20% da base reguladora

Se á morte do causante non quedase cónxuxe sobrevivente nin fillos con dereito a pensión de orfandade, ou cando o cónxuxe sobrevivente con dereito a pensión de viuvez falecese gozando desta sen que queden orfos beneficiarios, a pensión en favor dos correspondentes familiares poderá incrementarse coa porcentaxe (52%) de viuvez.


3. Compatibilidades

É compatible coas pensións de viuvez e orfandade causadas polo mesmo suxeito.

É incompatible coa percepción por parte do beneficiario doutras pensións públicas, así como con ingresos de calquera natureza que superen, en cómputo anual, a contía do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, tamén computada anualmente.


4. Extinción

Netos e irmáns: polas mesmas causas que a pensión de orfandade.

Ascendentes e fillas/os e irmás/irmáns:

  • Por contraer matrimonio.
  • Por falecemento.              
  • Por comprobarse que non faleceu a persoa traballadora desaparecida en accidente.