Auxilio por defunción

Publicado o: 23/11/2015

Os beneficiarios serán os que soportasen os gastos do enterro.

Agás proba en contrario, presúmese que os ditos gastos soportounos, por esta orde:

  • O cónxuxe sobrevivente
  • O sobrevivente dunha parella de feito
  • Os fillos
  • Os parentes do falecido que convivisen habitualmente con el

A contía da prestación ascende a 46,41 € para falecementos ocorridos no ano 2015.