Prestación por coidado de menores
Documentación e xestións

Obrigatoria para todos os réximes

  1. Acreditación de identidade dos interesados (tamén do causante se ten 14 anos) mediante a seguinte documentación en vigor:
    • Españois: Documento nacional de identidade (DNI).
    • Estranxeiros: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (número de identificación de estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
  1. Libro de familia ou certificación da inscrición do fillo ou fillos no Rexistro Civil ou, se é o caso, resolución xudicial pola que se constituíse a adopción, ou a resolución xudicial ou administrativa pola que se concedese o acollemento familiar.
  2. Solicitude de pagamento directo (Solicitude de prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave).
  3. Acordo entre proxenitores.
  4. Informe hospitalario onde se acredite unha enfermidade da listaxe de enfermidades do Real decreto 1148/2011.
  5. Certificado de empresa coa base de cotización de continxencias profesionais do mes anterior ao inicio de redución da xornada.
  6. Declaración da empresa sobre a redución da xornada.
  7. Modelo 145 IRPF.
  8. Certificado de non pagamento de prestación do outro proxenitor non solicitante da prestación: Documento que acredita que o outro solicitante non solicitou o subsidio na súa entidade

Documentación específica para conta propia ou autónomos e asimilados

  1. Declaración da situación de actividade.
  2. Declaración de redución de xornada sobre as persoas responsables do ingreso de cotas.
  3. Acreditación da cotización dos 2 últimos meses.

Documentación específica para réximes especiais

  1. Empregadas do fogar:
    • De carácter fixo, achegarase declaración do responsable do fogar familiar sobre a redución de xornada efectiva da persoa traballadora.
  2. Para os artistas e profesionais taurinos: Declaración de actividades e xustificantes de actuacións que non fosen presentados na Tesourería Xeral da Seguridade Social

Outra documentación

  • No suposto de non convivencia dos proxenitores, e en ausencia de acordo sobre cal debe percibir a prestación: documentación que acredite a custodia ou a cargo de quen está o menor.
  • No caso de familias monoparentais: Libro de familia en que conste un só proxenitor ou, no caso de que consten dous proxenitores, certificado de defunción dun deles, ou resolución xudicial en que se declare o abandono de familia dun deles.
  • Se o outro proxenitor non pertence ao sistema da Seguridade Social debe achegar, se é o caso:
  • SÓ NO CASO DE QUE O OUTRO PROXENITOR SEXA FUNCIONARIO, certificado expedido pola unidade de persoal do seu centro de traballo.
  • Certificado expedido pola unidade de persoal do seu centro de traballo no que se indique que o este realiza unha actividade laboral encadrada no sistema de clases pasivas ou
  • certificado do colexio profesional ao que pertenza, se se trata dunha actividade profesional.