Que debo facer en caso de sufrir un accidente de traballo

Ante un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, ofrecemos unha resposta integral, tanto nas nosas actuacións médicas como nas prestacións económicas e sociais. 

Os nosos equipos están formados por profesionais asistenciais e os recursos máis innovadores que garanten unha atención ao paciente áxil e profesional e unha xestión máis eficaz dos RRHH da empresa.

Se o traballador pode desprazarse ao noso centro asistencial

  • Para saber onde acudir, o traballador pode chamar á Liña Universal 900 203 203., consultar a relación de centros en mutuauniversal.net ou utilizar a aplicación móbil para dispositivos móbiles iOS ou Android.

  • Os médicos de Liña Universal daranlle as primeiras recomendacións médicas tanto para a súa lesión como pare o desprazamento ao centro asistencial

  • Os nosos centros asistenciais están abertos de forma ininterrompida de luns a venres de 8 a 20 horas.

  • Lembramos que o traballador debe levar consigo o seu DNI e o volante asistencial, que debe estar cuberto pola empresa.

  • Se o traballador ten dificultades para desprazarse ou para comunicarse, é recomendable que sexa acompañado por un compañeiro.

Se o traballador require atención médica urxente

  • Se o traballador require atención médica urxente, hai que trasladalo ao centro sanitario máis próximo, aínda que non sexa de Mutua Universal.

  • A empresa debe pórse en contacto co interlocutor ou co seu centro asistencial de Mutua Universal para que o noso equipo médico poida realizar o seguimento do paciente e, en caso necesario, achegar a información médica necesaria para un tratamento eficaz desde o primeiro momento.

Se o traballador sufriu un accidente grave

  • Hai que chamar inmediatamente á Liña Universal 900 203 203.

  • Os nosos médicos especialistas darán as instrucións idóneas para garantir a atención médica máis axeitada desde o primeiro momento, organizarán, en función da natureza da lesión, o traslado ao centro médico máis axeitado e asesorarán medicamente.

Que ten que facer a empresa?

  • A empresa debe de comunicarnos o accidente de traballo e entregar á persoa accidentada o volante asistencial.

  • O volante é un documento polo que se solicita a atención médica do traballador accidentado nos nosos centros asistenciais. O traballador debe presentalo debidamente cuberto, cos seus datos e cos da empresa, así como con información sobre o accidente.

  • Se o traballador non recibe a baixa médica e pode reincorporarse ao traballo, ten que ser incluído na "relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica”.

  • Se o traballador recibe a baixa médica, a empresa debe cubrir o parte de accidente de traballo.

  • En caso de accidente grave, moi grave, morte ou que afectase a máis de 4 traballadores, a empresa non só ten que cubrir o parte de accidente de traballo, senón que debe comunicar o accidente á autoridade laboral da provincia onde acontecese. Están exentos desta obriga os accidentes in itinere. Deben notificarse á autoridade laboral da provincia por medio do sistema a través do Delt@, telegrama, fax ou outro medio análogo, nun prazo máximo de 24 horas