Liña Universal Atención telefónica 24/365

Publicado o: 10/02/2016
Atención telefónica 24/365

Pase o que pase, aquí ou no estranxeiro, chámanos


Desde España 900 203 203 (chamada gratuíta)
e desde o estranxeiro +34 93 412 33 67


Proporcionarémosche atención médica desde o primeiro momento

Un médico de Liña Universal garantirá a atención máis axeitada desde o primeiro momento. Ademais, organizará a evacuación de acordo coa natureza da súa lesión, e asesorará medicamente sobre que facer durante o traslado.


E informarémoste sobre o centro de atención ao que acudir

En función da proximidade e da gravidade do accidente, informaremos sobre os centros sanitarios onde acudir, e facilitaremos os medios asistenciais e de traslado máis axeitados para que o paciente e a empresa reciban unha resposta rápida e áxil.


Cobertura mundial, 24 horas ao día, 365 días ao ano

Cobertura mundial

Cada un dos teus traballadores disporá dunha tarxeta personalizada cos teléfonos de Liña Universal, para que poida contactar connosco rapidamente en caso de necesidade.


Un servizo ideal para colectivos de risco

Liña Universal é moi útil para traballadores en horario nocturno, que teñan que desprazarse fóra do centro de traballo, comerciais e equipos de mantemento ou que teñan que viaxar ao estranxeiro.


Beneficios

  • Seguridade, servizo permanente de asistencia e consulta, en calquera parte do mundo.
  • Chamada gratuíta, fundamental fóra do centro de traballo, desde outras empresas, locais públicos ou domicilios particulares.
  • Resposta inmediata en calquera parte do mundo, 365 días, 24 horas.
  • Servizo con médicos especializados.
  • Tarxeta Liña Universal, que identifica o servizo para que o traballador sempre teña á man os teléfonos.
  • A empresa recibe un cartel informativo para colocar nos taboleiros de anuncios e adhesivos para pegar en teléfonos e caixas de primeiros auxilios.

Queres estar sempre en contacto con Mutua Universal?