Volante asistencial

Aforra tempo e evita erros:Fai este trámite desde a túa zona privada

Información xeral

O volante asistencial é un documento polo que a empresa solicita a atención médica do traballador accidentado nos nosos centros asistenciais.

A empresa ten a obriga de comunicarnos o accidente de traballo e entregar á persoa accidentada o volante asistencial, que debe presentar debidamente cuberto cos seus datos, os da empresa e a información de cando e como ocorreu o accidente.

Este documento pode obterse en formato electrónico, para a súa formalización e descarga directa, ou ben pode xerarse automaticamente accedendo á ferramenta en liña "volante asistencial" da nosa zona privada.

Convén lembrar que en ningún caso o volante asistencial substitúe o parte de accidente.

Tras a súa presentación, a empresa debe cubrir, ademais, o parte de accidente ou incluír o caso na relación de casos sen baixa, a non ser que os nosos servizos médicos determinen que se trata de patoloxía non laboral.

Volante prestación asistencia sanitaria

Documento asociado