"

Que debo facer en caso de sufrir un accidente de traballo

Ante un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, ofrecemos unha resposta integral, tanto nas nosas actuacións médicas como nas prestacións económicas e sociais. 

Os nosos equipos están formados por profesionais asistenciais e os recursos máis innovadores que garanten unha atención ao paciente áxil e profesional e unha xestión máis eficaz dos RRHH da empresa.

Se a persoa traballadora pode desprazarse ao noso centro asistencial

  • Para saber onde acudir, a persoa traballadora pode chamar á Liña Universal 900 203 203., consultar a relación de centros en mutuauniversal.net ou utilizar a aplicación móbil para dispositivos móbiles iOS ou Android.

  • O persoal médico de Liña Universal daralle as primeiras recomendacións médicas tanto para a súa lesión como para o desprazamento ao centro asistencial

  • Consulta os horarios dos nosos centros asistenciais en nosa Rede de centros.

  • Lembramos que a persoa traballadora debe levar consigo o seu DNI e o volante asistencial, que debe estar cumprimentado pola empresa.

  • Se a persoa traballadora ten dificultades para desprazarse ou para comunicarse, é recomendable que sexa acompañada.

Se a persoa traballadora require atención médica urxente

  • Se a persoa traballadora require atención médica urxente, hai que trasladara o centro sanitario máis próximo, aínda que non sexa de Mutua Universal

  • A empresa debe pórse en contacto co interlocutor habitual ou co seu centro asistencial de Mutua Universal máis próximo para informar onde foi trasladada a persoa traballadora, para que o noso equipo médico poida realizar o seguimento e, en caso necesario, a persoa traballadora achegará a información médica necesaria para un tratamento eficaz desde o primeiro momento.

Se o traballador sufriu un accidente grave

  • Hai que chamar inmediatamente á Liña Universal 900 203 203.

  • Os nosos médicos especialistas darán as instrucións idóneas para garantir a atención médica máis axeitada desde o primeiro momento, organizarán, en función da natureza da lesión, o traslado ao centro médico máis axeitado e asesorarán medicamente.

Que ten que facer a empresa?

  • A empresa debe de comunicarnos o accidente de traballo e entregar á persoa accidentada o volante asistencial.

  • O volante é un documento polo que se solicita a atención médica da persoa traballadora accidentada nos nosos centros asistenciais. A devandita persoa debe presentaro debidamente cuberto, cos seus datos e os da empresa, así como información sobre o accidente

  • Se a persoa traballadora non recibe a baixa médica e pode reincorporarse ao traballo, ten que ser incluído na "relación de accidentes de traballo ocorridos sen baixa médica”.

  • Se a persoa traballadora recibe a baixa médica, a empresa debe cubrir o parte de accidente de traballo.

  • En caso de accidente grave, moi grave, morte ou que afectase a máis de catro persoas traballadoras, a empresa non só ten que cubrir o parte de accidente de traballo, senón que debe comunicar o accidente á autoridade laboral da provincia onde acontecese. Están exentos desta obriga os accidentes in itinere. Deben notificarse á autoridade laboral da provincia por medio do sistema a través do Delt@, telegrama, fax ou outro medio análogo, nun prazo máximo de 24 horas