Xunta Xeral
A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno da Entidade e está integrada por unha representación de todos os asociados e asociadas. A súa composición, competencias e funcionamento están establecidos nos artigos 26 ao 34 dos vixentes Estatutos de Mutua Universal.
Quen forma a Xunta Xeral?
A Xunta Xeral está integrada por todos os asociados e asociadas. Así mesmo, forma parte da Xunta Xeral unha persoa da representantación das persoas traballadoras ao servizo da entidade.
Quen ten dereito ao voto?
Teñen dereito a voto o conxunto de asociadas e asociadas que estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas sociais.
Podo delegar o meu voto?
Se como asociado ou asociada non pode asistir a Xunta Xeral, pode delegar a súa representación e voto por escrito en favor doutro asociado ou asociada a Mutua Universal mediante o formulario debidamente asinado e selado persoalmente, pola súa persoa representante ou por unha persoa apoderada con poder suficiente. Toda delegación en que non se indique expresamente o asociado ou a asociada en quen se delega a representación, entenderase conferida a favor da Presidencia da Xunta Directiva ou da persoa da xunta designada para tal fin.
Proceso de delegación de voto
Se é asociado ou asociada a Mutua Universal e áchase ao corrente das súas obrigas sociais, pode delegar o voto a través de noso aplicativo en liña.
Para ter máis información sobre a Xunta Xeral
Ante calquera dúbida ao respecto pode comunicarse co seu contacto habitual de Mutua Universal.
Delega o teu voto para a Xunta Xeral 2024