Anualmente realizamos o noso Informe de Xestión e Memoria de Sostibilidade, con dous obxectivos:
- Contribuír ao mellor coñecemento do sistema de mutuas que colaboran coa Seguridade Social en beneficio de empresas, persoas traballadoras e da sostibilidade do estado do benestar.
- Mostrar de maneira transparente e didáctica o desempeño de Mutua Universal durante o último exercicio, ao respecto da súa razón de ser como mutua: “A Mutua das persoas: colaboramos innovando”.
É para nós unha satisfacción compartir contigo que fomos novamente merecedores de recoñecementos internacionais en 2022 polo Informe de Xestión e Memoria de Sostibilidade de 2020 publicada o pasado ano. Nesta ocasión recibimos o premio Mercury de bronce á mellor memoria anual de 2020 na categoría “Asociación de cooperación”.
As nosas memorias anuais foron premiadas desde 2016 cos seguintes recoñecementos:
- Memoria anual 2016: Gold nos ARC Awards International 2018 for Annual Reports na categoría Non-English Annual Report of Non-Profit Organization: Health & Education
- Memoria anual 2017: Premio ARC Ouro 2019 á mellor memoria en lingua non inglesa do sector educación e saúde e Premio STEVIE Bronce 2019 á mellor memoria anual en categoría de organización sen ánimo de lucro
- Memoria anual 2018: Bronze nos ARC Awards International 2020 for Annual Reports na categoría Non-English Annual Report of Non-Profit Organization: Health & Education
- Memoria anual 2019: Premio STEVIE de ouro 2021 á mellor memoria anual 2019 na categoría “Asociacións” e Galardón de prata dos ARC 2021 pola memoria en lingua non inglesa de organizacións sen ánimos de lucro do sector educación e saúde