Xunta Xeral Mutua Universal

Publicado o: 24/04/2020
Xunta Xeral

En cumprimento do que se establece nos vixentes Estatutos Sociais, convocamos a Xunta Xeral Ordinaria e Xunta Xeral Extraordinaria desta Entidade, que se celebrarán consecutivamente o día 13 de xullo de 2023 no Auditorio sito en Avda. Tibidabo 17-19 de Barcelona, ás 11:30 horas, en primeira convocatoria e, de non poderse celebrar por falta de quórum, ás 12:00 horas en segunda, segundo os seguintes: 

Orde do día da Xunta Xeral Ordinaria 

  1. Aprobación, se procede, das contas anuais correspondentes ao exercicio 2022, así como o destino e a distribución do resultado económico positivo anual.
  2. Aprobación, se procede, do anteproxecto de orzamento do exercicio do ano 2024.
  3. Elección de persoas da Xunta Directiva e designación de cargos a teor do artigo 27 dos Estatutos vixentes.
  4. Ratificación dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a conseguinte aprobación da xestión dos órganos reitores.
  5. Designación de dúas persoas asociadas asistentes á Xunta Xeral Ordinaria que deben asinar a Acta. 

 Orde do día da Xunta Xeral Extraordinaria 

  1. Aprobación, se é o caso, a proposta da Xunta Directiva, da modificación dos Estatutos sociais vixentes da entidade para adaptalos ao actual texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, e á normativa vixente, así como á linguaxe inclusiva e a incorporación dunha disposición final na que se contempla a figura da Presidencia de Honra.
  2. Designación de dúas persoas asociadas asistentes á Xunta Xeral Extraordinaria que deben asinar a Acta. 

A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno da Entidade e está integrada por unha representación de todas os asociados/as. A súa composición, competencias e funcionamento están establecidos nos artigos 26 ao 34 dos vixentes Estatutos de Mutua Universal. Así mesmo, forma parte da Xunta Xeral unha persoa en representación do cadro de persoal ao servizo da Entidade.

Informámoslle que as Contas Anuais e o Anteproxecto de Orzamento referidos, estarán á súa disposición a partir do próximo 1 de xullo de 2023.


 

 

Publicado o: 24/04/2020

Delegación de voto

Teñen dereito a voto todas as empresas asociadas que estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas sociais. No caso de que non se poida asistir a citada Xunta, se pode delegar a súa representación en favor doutra empresa asociada a esta Mutua, a través de noso aplicativo mediante sinatura dixital: da persoa asociada, o seu representante ou persoa apoderada con poder suficiente, e especificando as instrucións para o exercicio do dereito de voto. 

As condicións aplicables para a acreditación da lexitimación, a asistencia e o voto, tanto propio como por representación, serán as previstas nos artigos 26 e seguintes dos Estatutos sociais. 

A representación acreditarase, se fose preciso, mediante a exhibición do Documento de asociación ou do Documento de proposición de asociación. A personalidade acreditarase mediante a exhibición de calquera documento válido en dereito.

Para resolver calquera dúbida ao respecto, os asociados poden contactar co seu interlocutor/a habitual de Mutua Universal.