"

PrevenCAREX: prevención da exposición a canceríxenos

Publicado o: 01/02/2017

O cancro é a primeira causa de mortalidade laboral na Unión Europea cun 53 % do total, fronte ao 28 % causado por enfermidades cardiovasculares e o 6 % das enfermidades respiratorias, segundo a Comisión Europea. É o maior risco individual para a saúde das persoas traballadoras na UE.

A Comisión Europea identificou máis de 20 substancias químicas que poden causar cancro nos lugares de traballo e arredor de 20 millóns de persoas traballadoras están expostos ás devanditas substancias. De momento, a Directiva europea de canceríxenos e mutáxenos foi modificada en tres ocasións, e 19 substancias xa dispón de valor límite de exposición ambiental.

O Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) inicia a campaña “Evitemos hoxe o cancro laboral de mañá". Esta campaña desenvolverase entre o 24 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2022. 

Neste apartado encontrarás información, instrumentos e recursos para identificar e previr a exposición a axentes canceríxenos. Tamén encontrarás as últimas novidades lexislativas sobre o tema e un apartado sobre hábitos saudables para poder previr desde todos os ámbitos.