Lexislación sobre canceríxenos

Publicado o: 01/02/2017
Cancer

A Directiva 2004/37/CE, na nosa lexislación RD 665/1997, sobre canceríxeno e mutáxeno data de hai máis de 20 anos. Actualmente está sendo obxecto dunha profunda modificación, seguindo a política europea de prevención fronte á exposición a canceríxenos.

A primeira modificación Directiva (UE) 2017/2398 publicouse o 27 de decembro de 2017 e deberá ser trasposta á nosa lexislación a máis tardar o 17 de xaneiro do 2020. Os principais cambios son:

  • Ampla a vixilancia da saúde do traballador despois de cesar a exposición laboral
  • Inclúe os traballos que supoñan exposición ao po respirable de sílice libre cristalina no seu anexo I
  • Establece límites de exposición para 11 substancias canceríxenas máis.
  • Modifica o valor límite do cloruro de vinilo monómero e do po de madeiras duras; este último queda reducido a 2 mg/m3 e de forma transitoria a 3 mg/m3 ata o 2023.

A segunda modificación Directiva (UE) 2019/130 publicouse o 31 de xaneiro de 2019 e deberá ser trasposta á nosa lexislación a máis tardar en febreiro de 2021. Os principais aspectos que achega esta modificación son:

  • Traballos que supoñan exposición cutánea a aceites minerais previamente utilizados en motores de combustión interna para lubrificar e refrixerar os elementos móbiles do motor e Traballos que supoñan exposición a emisións de motores diésel.
  • Engádense 6 axentes máis ao Anexo III: Tricloroetileno, 4,4´Metilendianilina, Epiclorhidrina, Dibromuro de etileno, Dicloruro de etileno e Emisións de motores diésel.  

Actualmente estase a traballar na terceira modificación, que inclúe cinco substancias máis, entre elas o cadmio e o formaldehido, cuxa aprobación se espera en breve, así como nunha cuarta modificación.

Novos avances da Comisión Europea para a protección de traballadores fronte ao cancro de orixe laboral.

Abril 2018. Noticias Mutuas Universal

Publicación da segunda modificación da Directiva Canceríxena e Mutáxenos