Asesoramento, consultoría e sensibilización
Ofrecemos un conxunto de servizos de alto valor engadido deseñado para resolver as dúbidas de profesionais con responsabilidades de prevención na empresa.
"
Ofrecemos un conxunto de servizos de alto valor engadido deseñado para resolver as dúbidas de profesionais con responsabilidades de prevención na empresa.
O asesoramento en prevención é unha actividade dirixida a profesionais de servizos de prevención propios/mancomunados e designados, para resolver as dúbidas que xorden ao desenvolveren e xestionaren as súas actividades preventivas:
A consultoría é unha actividade de asesoramento e apoio técnico de alto valor engadido dirixido ao persoal técnico de prevención así como ao persoal de ingenieria e persoal responsable técnico ou médico de empresa, en relación a aspectos de prevención que teñen unha elevada complexidade técnica.
Os servizos de consultoría en prevención están especializados en:
As actividades de sensibilización en relación á prevención teñen como obxectivo conseguir un grao de concienciación axeitado fronte aos riscos relacionados, implantar unha cultura preventiva e complementar as accións técnicas que se levan a cabo nos diferentes postos de traballo.
As actividades de sensibilización en prevencíon clasifícanse en: campañas, charlas informativas nas empresas, programas de xeración de boas prácticas e Circuíto Universal (circuíto de actividades dispostas segundo un percorrido de temas progresivos sobre hábitos saudables).