Asesoramento en prevención

Publicado o: 14/01/2016

Os servizos de asesoramento son prestados por técnicos especialistas de Mutua Universal, con apoio de expertos en áreas específicas.

Asesoramento xenérico en prevención

Asesoramento xenérico en prevención

O obxectivo principal é o de resolver as consultas dos responsables de prevención nas empresas asociadas, coa finalidade de axudarlles a desenvolver as súas misións.

O asesoramento é unha actividade que se leva a cabo a demanda da empresa, é dicir, cada vez que esta o solicita. A empresa diríxese ao técnico de prevención da zona para solicitar o asesoramento que precisa. Pode establecer contacto telefónico ou por correo electrónico. Cando o tema o requira, o técnico de prevención visita a empresa. 

Algúns exemplos de asesoramento:

  • Normativa aplicable a un tema determinado
  • Metodoloxía para avaliar riscos
  • Equipos de protección individual

Asesoramento para pemes e autónomos

Asesoramento pemes e autónomos

Apoio técnico aos responsables de prevención de empresas de menos de 50 traballadores e a traballadores autónomos para que desenvolvan as actividades preventivas.

Atención presencial e orientación para o uso das aplicacións Prevención10Prevención25 (Conxunto de instrumentos web elaborados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo co obxectivo de facilitar a empresas de ata 25 traballadores a avaliación dos seus riscos e a aplicación de medidas de prevención. Tamén se achega unha plataforma de formación e unha ferramenta específica para os traballadores autónomos (Autoprevent).

O asesoramento lévase a cabo mediante:

  • Atención telefónica
  • Envío de información
  • Distribución de publicacións
  • Visitas á empresa e atención presencial do técnico de prevención
  • Asesoramento para a aplicación de Prevención25 (desde 2011)

Asesoramento en plans de mobilidade

Cando se detecta a necesidade dunha empresa asociada de elaborar un plan de mobilidade dos seus traballadores (para reducir absentismo relacionado co transporte, para reducir accidentes de circulación, para cumprir os requisitos do Bonus ou outros motivos), o técnico de prevención acorda unha reunión coa empresa para presentarlle a metodoloxía de colaboración e obter información previa.

A continuación, faise un diagnóstico da situación no que se detectan os problemas. O seguinte paso é facer reunións de traballo coa empresa para establecer o programa de traballo.

Mutua Universal facilítalle os seguintes instrumentos e servizos:

  • Guía de mobilidade: Documento de orientación ao empresario para desenvolver un plan de mobilidade.
  • Asistente de elaboración de plans mobilidade MovU: Aplicación informática en formato CD e en previsión en formato web que guía e facilita ao empresario a elaboración de plans de mobilidade, achegándolle os documentos de apoio necesarios.
  • Proceso de difusión: Asesoramento á empresa sobre como dar a coñecer aos traballadores das empresas o plan de mobilidade e sensibilizalos para que se integren e colaboren na súa aplicación.
  • Materiais de apoio: Colección de carteis, folletos e manuais de apoio á aplicación do plan de mobilidade.

Asesoramento no Bonus de prevención

O obxectivo é o de axudar as empresas a cumprir as condicións establecidas no Real decreto 404/2010 para a obtención do Bonus de prevención, mediante a redución dos seus indicadores de sinistralidade. 

Está dirixido a aquelas empresas que poidan ser obxecto do bonus, pero non cumpran cos indicadores ou os requisitos de solicitude, ou ben teñan dúbidas ou necesiten levar a cabo algunha actuación de reforzo.

As principais accións que se van levar a cabo son:   

  • Diagnóstico da situación
  • Plan de acción
  • Asesoramento para a aplicación do plan
  • Seguimento do plan e resultados