Actividades de sensibilización

Publicado o: 13/01/2016

As actividades de sensibilización teñen como obxectivo a implantación de pautas de traballo seguras para mellorar a actitude e concienciación dos empregados tanto no centro de traballo como nos desprazamentos. As metodoloxías utilizadas converten as actividades en eventos atractivos, estimulantes e pedagóxicos en que os traballadores teñen unha participación activa que reforza o seu compromiso e mellora as súas actitudes fronte aos riscos.

Publicado o: 14/01/2016

Programas de xeración de boas pautas

O obxectivo deste programa é o de modificar de maneira espontánea e natural (sen imposicións nin sancións) a forma de realizar unha determinada tarefa para que o traballador a leve a cabo de maneira segura.

Está dirixido a toda empresa na que realizando os esforzos técnicos, económicos e organizativos necesarios para garantir a seguridade e saúde dos seus traballadores, crea que aínda pode mellorar os seus resultados en seguridade actuando na cultura prevencionista do seu cadro de persoal. Trátase de incidir nun grupo significativo de traballadores que comete un acto inseguro que provoca accidentes (ou aínda que non os provoque, o potencial de dano grave é elevado). 

Constitúese un grupo de traballo con persoal da empresa que vai manter varias reunións co fin de:

  • Confirmar que existe a necesidade e oportunidade de actuar sobre o acto inseguro.
  • Identificar un lema alusivo ao que se quere conseguir.
  • Definir o instrumento que servirá de soporte ao lema para trasladalo aos traballadores, os lugares onde se van colocar e o tempo que este lema ten que estar exposto.
  • Verificar a eficacia do programa.
Boas pautas