Consultoría en prevención

Publicado o: 14/01/2016

Os servizos de consultoría de Mutua Universal están especializados en:

Ergonomía

As empresas asociadas poden efectuar consultas para mellorar ergonomicamente os seus lugares e procesos de traballo: 

  • Asesoramento técnico para mellorar ergonomicamente o posto de traballo.
  • Orientación sobre a mellor alternativa ao seleccionar un proceso, unha ferramenta ou un elemento no proceso produtivo.

Este servizo é prestado polos ergónomos do Laboratorio de Ergonomía da Área de prevención. Para iso, a empresa diríxese ao técnico de prevención ou ben este detecta a necesidade. O técnico coordina a colaboración dos ergónomos do laboratorio para a recollida de información previa. Visítase a empresa para tomar datos de campo (posturas, movementos e esforzos que realiza o traballador), simúlanse as condicións no taller do Laboratorio de Ergonomía e/ou virtualmente no ordenador. A empresa recibe un informe coa resposta á súa consulta.


Seguridade química

Apoiar tecnicamente as persoas responsables da prevención de riscos laborais nas empresas, en relación coa aplicación da nova normativa española e europea de produtos químicos.

Contido e desenvolvemento da actividade:

  • Consultoría REACH: Atención a consultas sobre a aplicación do Regulamento (CE) nº 1907/2006 REACH (rexistro, avaliación, autorización e restrición de substancias químicas). Este regulamento establece as condicións de posta no mercado e de utilización das substancias e mesturas químicas para garantir un maior nivel de protección da saúde humana e do medio natural.
  • Consultoría CLP: Atención a consultas sobre a aplicación do Regulamento (CE) nº 1272/2008 sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de substancias e mesturas. Este regulamento incorpora en Europa o sistema harmonizado establecido en todo o mundo para clasificar, etiquetar e envasar as substancias e mesturas de produtos químicos. Actualmente, aplícase a substancias desde 2010 e en 2015 é obrigatoria a súa aplicación tamén a mesturas.

Aspectos psicosociais

Asesoramento sobre as condicións de traballo do medio psicosocial e sobre as ferramentas individuais máis axeitadas na prevención do estrés, coa intención de mellorar o benestar e a saúde dos traballadores e minimizar a súa exposición a factores de risco psicosocial.

As empresas asociadas poden efectuar consultas para mellorar os aspectos psicosociais da súa organización sobre, entre outros:

  • Asesoramento sobre as condicións de traballo do medio psicosocial (basicamente, organización e contido do traballo e relacións humanas) coa finalidade de mellorar a saúde dos traballadores e eliminar ou minimizar a súa exposición a factores de risco psicosocial.
  • Asesoramento na identificación de debilidades e fortalezas organizativas.
  • Asesoramento sobre resultados da avaliación de riscos psicosociais: orientación sobre recomendacións que axuden a potenciar o desenvolvemento de estilos de vida saudable en materia psicosocial, etc.
  • Asesoramento sobre métodos de avaliación psicosocial.
  • Asesoramento á empresa ante requirimentos da Inspección de Traballo, relacionados con riscos de natureza psicosocial.

Saúde laboral e promoción da saúde

As empresas asociadas poden efectuar consultas para mellorar a saúde dos seus traballadores, tanto desde un punto de vista laboral como de promoción da saúde.

  • Asesoramento técnico.
  • Orientación sobre diferentes alternativas que se deben aplicar en función dos obxectivos da empresa en relación coa saúde dos seus traballadores.
  • Asesoramento para implantar campañas de promoción da saúde.

En determinadas ocasións e en función da consulta, dáse unha solución multidisciplinar coordinando saúde laboral, factores ambientais, ergonomía e psicoloxía.