Prestación por viuvez

Publicado o: 20/11/2015

Beneficiarios

Cónxuxe supervivente

Separados xudicialmente ou divorciados (Lei 40/2007, do 4 de decembro, modifica o artigo 174. Pensión de viuvez da Lei xeral da Seguridade Social). Que non se contraesen novas nupcias ou non se constituíse unha parella de feito e que sexa acredora de pensión compensatoria (artigo 97 do Código Civil).

Superviventes cuxo matrimonio fose declarado nulo, perceptores de indemnización (artigo 98 do Código Civil).

En todo caso terán dereito a pensión de viuvez, aínda non sendo acredoras de pensión compensatoria, as mulleres que acrediten ser vítimas de violencia de xénero no momento da separación ou divorcio.

Así mesmo cando a separación xudicial ou divorcio sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2008, o recoñecemento da pensión non quedará condicionada a que a persoa divorciada ou separada xudicialmente sexa acredora de pensión compensatoria sempre que:

  • Entre a data do divorcio ou separación xudicial e a data do falecemento do causante, non transcorresen máis de 10 anos.
  • O vínculo matrimonial tivese unha duración mínima de 10 anos.
  • Ademais, que se cumpra unha das condicións seguintes: existencia de fillos comúns no matrimonio; ou que o beneficiario teña unha idade superior a 50 anos na data do falecemento.

A partir do 1 de xaneiro de 2013, tamén terán dereito á pensión de viuvez as persoas que se encontren na situación sinalada anteriormente, aínda que non reúnen os requisitos sinalados neste, sempre que se trate de persoas con 65 ou máis anos, non teñan dereito a outra pensión pública e a duración do matrimonio co causante da pensión non fose inferior a 15 anos.

 

Parellas de feito

Persoas que non se achen impedidas para contraer matrimonio, non estean casadas con outra persoa e reúnan os seguintes requisitos:

  • Existencia da parella de feito con dous anos de antelación ao feito causante.
  • Convivencia estable e notoria coa persoa causante durante, polo menos, un período de 5 anos ininterrompidos.

Dependencia económica da persoa causante:    

  • Con fillos comúns con dereito a orfandade: 50% dos ingresos propios e os da persoa causante.
  • Sen fillos comúns con dereito a orfandade: 25% dos ingresos propios e os da persoa causante.

En todo caso considérase cumprido o requisito cando a persoa solicitante teña uns ingresos inferiores a 1,5 veces o SMI.

Consideraranse como ingresos os rendementos de traballo e do capital así como os de carácter patrimonial, nos termos en que son computados para o recoñecemento dos complementos para mínimos de pensións.


Prestación

52% da base reguladora do causante con carácter xeral.

Nos supostos de separación xudicial ou divorcio:

  • Cando exista un só perceptor: pensión íntegra.
  • Cando existan varios beneficiarios: a pensión calcularase en proporción ao tempo convivido. Se existe cónxuxe ou parella de feito sobrevivente, garánteselle o 40%.
  • Nos supostos de superviventes con matrimonio nulo perceptores de indemnización: sempre se recoñece a pensión en proporción ao tempo convivido

70% da base reguladora do causante, sempre que durante todo o período de percepción da pensión, se cumpran os seguintes requisitos:

  • Que o pensionista teña cargas familiares (fillos<26 anos ou incapacitados),
  • Que a pensión de viuvez constitúa a única fonte de ingresos (se esta non supera o 50% dos seus ingresos)
  • Que os rendementos anuais do pensionista por todos os conceptos non superen a contía resultante de sumar ao límite que, en cada exercicio económico, estea previsto para o recoñecemento dos complementos por mínimos das pensións contributivas, o importe anual que, en cada exercicio económico, corresponda á pensión mínima de viuvez con cargas familiares.

 

A partir do 2 de febreiro de 2011, o 60% da base reguladora, cando concorran os seguintes requisitos:

  • Ter >=65 anos.
  • Non ter dereito a pensión pública.
  • Non percibir ingresos pola realización de traballo por conta allea ou propia.
  • Que os rendementos/rendas percibidas, non superen, en cómputo anual, o límite de ingresos que estea establecido en cada momento para ser beneficiario da pensión mínima de viuvez.

A aplicación do % levarase a cabo de forma progresiva nun prazo de 8 anos, a partir do 1 de xaneiro de 2012 cos seguintes incrementos:

  • 2012: 53%                                                          
  • 2013: 54%      
  • 2014: 55%
  • 2015: 56%                                                          
  • 2016: 57%
  • 2017: 58%
  • 2018: 59%
  • A partir do 1 de xaneiro de 2019: 60%

Indemnización a prezo fixado por accidente de traballo ou enfermidade profesional. En caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional, concédese ademais da pensión, unha indemnización a prezo fixado do equivalente a 6 mensualidades da base reguladora.

 


Compatibilidades

Con calquera renda de traballo do beneficiario ou pensión de xubilación ou incapacidade permanente a que este tivese dereito.


Extinción

  • Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito, sempre que acrediten os requisitos esixidos legalmente.
  • Por declaración, en sentenza firme, de culpabilidade na morte do causante.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu a persoa traballadora desaparecida por accidente.
  • Quen fose condenado, por sentenza firme, por un delito de homicidio ou lesións contra a persoa causante, non sendo que medie reconciliación. Nestes supostos a pensión de viuvez incrementará as pensións de orfandade se as houber.