Cinco servizos e prestacións gratuítas para o traballador autómono

Tipos: Artigo
Publicado o: 08/09/2016

Ademais das prestacións legalmente establecidas, Mutua Universal ofrece 5 coberturas gratuítas para o traballador autónomo

A Seguridade Social recoñece calquera traballador por conta propia, que estea ao corrente de pagamento das cotas no momento dunha baixa, as mesmas prestacións e condicións que aos traballadores adscritos ao Réxime Xeral da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria que van desde a propia asistencia sanitaria ao pagamento de prestacións económicas por distintos motivos: maternidade, paternidade, risco durante o embarazo, incapacidade temporal e incapacidade permanente.

Nos últimos anos incluiuse tamén a prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave e a prestación económica por cesamento de actividade coñecida como “paro para autónomos”.

Ademais, en Mutua Universal queremos ofrecer ao traballador autónomo a mellor atención posible pondo á súa disposición os seguintes servizos e axudas económicas: