Axudas sociais específicas para autónomos

Publicado o: 13/01/2016
Juan Antonio Carmona. Autónomo. Beneficiario de Axuda Social de Mutua Universal

Polas súas características especiais, os traballadores autónomos que se encontran en situación de incapacidade temporal ou permanente por accidente laboral ou enfermidade profesional, poden sufrir unha perda de ingresos que provoque unha  situación de vulnerabilidade no seu núcleo familiar.

Por ese motivo desde Mutua Universal, deseñamos unha serie de axudas que complementan ás xa existentes no noso catálogo de axudas sociais e que serían específicas para este colectivo:

Co obxectivo de:

  • Evitar a perda de ingresos económicos no núcleo familiar do autónomo.
  • Evitar a perda de clientes no negocio.
  • Fomentar a contratación. 

Para a concesión das devanditas axudas será necesaria a autorización da Comisión de Prestacións Especiais, logo da valoración das necesidades por parte do Equipo de Traballo Social.

  • Axuda especial para evitar o peche do negocio. Axuda económica para a contratación dun traballador ou para a ampliación do horario dun traballador xa contratado, que evite o peche do negocio do traballador autónomo durante o período de incapacidade temporal por accidente laboral ou enfermidade profesional.

  • Axuda económica para a adaptación do negocio ás necesidades físicas que presente o traballador en caso de incapacidade permanente parcial.

  • Axuda económica para que o traballador que se encontre en situación de incapacidade temporal, leve máis de dous anos de alta e cotice pola cota mínima, poida asumir os custos fixos de afiliación ao RETA durante un ano.

  • Axuda económica para que o traballador en situación de incapacidade permanente total poida realizar investimentos en inmobilizado para os efectos de abrir un negocio por conta propia.

  • Axuda económica para traballadores, que cotizan pola cota mínima, en situación de incapacidade temporal, que non poidan afrontar o pagamento da cota de autónomos durante o segundo ano.