Prestación por incapacidade temporal

Publicado o: 29/09/2015
Prestación por incapacidade temporal

A lexislación determina que un accidente de traballo é toda lesión corporal que o traballador sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo.


Que situación protexe esta prestación?

Polo tanto, para que un accidente teña esta consideración é necesario:

  • Que o traballador/a sufra unha lesión corporal. Entendendo por lesión todo dano ou detrimento corporal causado por unha ferida, golpe ou enfermidade. Asimílanse á lesión corporal as secuelas ou enfermidades psíquicas ou psicolóxicas.
  • Que o accidente sexa con ocasión ou por consecuencia do traballo, é dicir, que exista unha relación de causalidade directa entre traballo-lesión. A lesión non constitúe, por si soa, accidente de traballo.
  • Que o traballador sexa por conta allea ou autónomo por conta propia.

Natureza da prestación económica

O traballador que sufra un accidente de traballo ou enfermidade profesional que orixine un proceso de incapacidade temporal terá dereito ao cobramento dunha contía diaria equivalente ao 75% da súa base reguladora diaria a partir do día seguinte á baixa.

A duración máxima desta prestación é de 365 días, que se poderá prorrogar outros 180 días máis cando se prevexa a curación do traballador neste período.