Xunta Xeral

Publicado o: 21/10/2015

A Xunta Xeral é o órgano superior de goberno da Entidade e está integrada por unha representación de todos os asociados e asociadas. A súa composición, competencias e funcionamento están establecidos nos artigos 26 ao 34 dos vixentes Estatutos de Mutua Universal. 

Quen forma a Xunta Xeral?

A Xunta Xeral está integrada por todos os asociados e asociadas. Así mesmo, forma parte da Xunta Xeral unha persoa da representantación das persoas traballadoras ao servizo da entidade.

Imaxe de arquivo dunha Xunta Xeral de Mutua Universal

Quen ten dereito ao voto?

Teñen dereito a voto o conxunto de asociadas e asociadas que estean ao corrente no cumprimento das súas obrigas sociais.

Podo delegar o meu voto?

Se como asociado ou asociada non pode asistir a Xunta Xeral, pode delegar a súa representación e voto por escrito en favor doutro asociado ou asociada a Mutua Universal mediante o formulario debidamente asinado e selado persoalmente, pola súa persoa representante ou por unha persoa apoderada con poder suficiente. Toda delegación en que non se indique expresamente o asociado ou a asociada en quen se delega a representación, entenderase conferida a favor da Presidencia da Xunta Directiva ou da persoa da xunta designada para tal fin.

Proceso de delegación de voto

Se é asociado ou asociada a Mutua Universal e áchase ao corrente das súas obrigas sociais, pode delegar o voto a través de noso aplicativo en liña

Para ter máis información sobre a Xunta Xeral

Ante calquera dúbida ao respecto pode comunicarse co seu contacto habitual de Mutua Universal.