Auxilio por defunción
As persoas beneficiarias son quen soportasen os gastos do enterro.
Agás proba en contrario, presúmese que os ditos gastos soportounos, por esta orde:
- O/a cónxuxe sobrevivente.
- O/a sobrevivente dunha parella de feito.
- Os fillos/as.
- Os/as parentes da persoa falecida que convivisen habitualmente con esta.
A contía da prestación ascende a 46,41€ para falecementos ocorridos no ano 2015.