Áreas prioritarias da campaña EU-OSHA: Traballo seguro e saudable na era dixital (2023-2025)

Publicado o: 20/10/2023

A campaña está organizada en diferentes ámbitos prioritarios, que se irán desenvolvendo de forma programada para manter o impulso ao longo dos dous anos de vixencia da mesma.

O primeiro deles, Traballo en Plataformas Dixitais, sobre o que pomos contidos a disposición, iníciase en febreiro do 2024.

Publicado o: 24/10/2023

Traballo en plataformas dixitais
Inicio: febreiro de 2024

Tal e como recolle a guía da campaña EU-OSHA, España foi o primeiro país en regular as condicións para garantir os dereitos laborais das persoas dedicadas ao reparto no ámbito de plataformas dixitais.

Publicado o: 20/10/2023

Automatización de tarefas
Inicio: xuño de 2024

Debido á variedade de tecnoloxías e aplicacións, centrarse nas tarefas máis que nos postos de traballo é unha estratexia eficaz para xestionar axeitadamente a seguridade e saúde das persoas traballadoras.

Publicado o: 20/10/2023

Xestión de traballadores a través da IA
Inicio: febreiro de 2025

A incorporación de tecnoloxías como os sistemas baseados na intelixencia artificial utilízanse cada vez máis en lugares de traballo para xestionar ás persoas traballadoras e organizar o seu traballo.

Publicado o: 20/10/2023

Traballo remoto e híbrido
Inicio: outubro de 2024

O traballo a distancia e híbrido favorece a flexibilidade e o equilibrio entre a vida privada e a vida laboral, o que supón un impacto positivo na motivación, no compromiso e na produtividade.

Publicado o: 20/10/2023

Sistemas dixitais intelixentes
Inicio: xuño de 2025

En moitos sectores económicos e lugares de traballo aplícanse habitualmente sistemas dixitais intelixentes para supervisar e reforzar a seguridade e a saúde das persoas traballadoras.