Este ámbito prioritario aglutina diferentes formas de traballo que permiten unha maior flexibilidade e equilibrio entre vida privada e vida laboral, o que ten un impacto positivo na motivación das persoas e o compromiso coa organización, aínda que tamén poden ser fonte dalgúns retos en relación á seguridade e saúde da persoa traballadora.
- O traballo a distancia pode definirse como calquera tipo de acordo laboral que implique o uso de tecnoloxías dixitais para traballar desde a casa ou de maneira máis xeral, fóra das instalacións da persoa empregadora durante parte da xornada laboral. Á forma común de definir o traballo a distancia realizada desde o fogar se lle denomina teletraballo.
- A combinación do traballo a distancia co traballo nas instalacións da persoa empregadora tamén se denomina traballo híbrido.