Os accidentes relacionados coa circulación de vehículos ou persoas supoñen unha parte importante dos accidentes laborais que se rexistran cada día, e prodúcense tanto no traxecto entre o domicilio e o lugar de traballo como tamén durante a xornada laboral nos desprazamentos realizados con motivo do traballo.
A actuación máis eficaz para reducir este tipo de accidentes é evitar ou minimizar na medida do posible os desprazamentos e, cando sexan inevitables, dispor dos recursos técnicos e organizativos, tales como: os medios de transporte seguros e adecuadamente mantidos, a planificación da actividade contemplando a distribución dos desprazamentos previstos ou a formación específica e a sensibilización das persoas sobre os riscos asociados aos desprazamentos.
Neste apartado encontrarás información e recursos para favorecer a integración da seguridade viaria como actividade imprescindible na prevención de riscos laborais da túa empresa, co obxectivo de promover que os desprazamentos, independentemente do medio e das condicións en que se realicen, sexan seguros e contribúan á redución da sinistralidade laboral.