Novo coronavirus (SARS-CoV-2)

Publicado o: 28/01/2020

En España, o Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade informa de maneira puntual a través da súa web sobre o novo coronavirus. Tamén pon a disposición un protocolo que inclúe medidas para a detección temperá, vixilancia epidemiolóxica, prevención da transmisión persoa a persoa e seguimento de contactos.

A nivel europeo, o Centro de Prevención e Control de Enfermidades Europeo (ECDC) creou unha páxina web específica sobre este evento con información actualizada e un marcador cos casos a nivel mundial e de Europa.


Comunicación cos nosos centros

Publicado o: 16/03/2020

Debido ás diferentes circunstancias no territorio nacional con motivo do Coronavirus, os horarios dos nosos centros poden verse afectados. Rogamos consulten os horarios na nosa web e chamen ao centro antes de dirixirse a el.

Ademais, para facilitar calquera trámite habilitamos caixas de correo electrónicas aos que poder remitir a documentación para a tramitación do Pagamento Directo, Partes de Confirmación ou calquera outro documento sen necesidade de acudir aos nosos centros.

Para a tramitación da prestación extraordinaria por cesamento de actividade para traballadores autónomos habilitouse un formulario web específico.

Estamos traballando nun novo formulario de solicitude para todos aqueles autónomos protexidos polo Instituto Nacional de Seguridade Social que se queiran adherir a Mutua Universal para solicitar a prestación extraordinaria por cesamento de actividade. Publicarase nesta mesma páxina en canto estea habilitado.

Coñecedores da dificultade actual para imprimir os documentos solicitados e asinaros, solicitamos aos traballadores e traballadoras adheridas que necesiten realizar algún trámite que nos remitan un documento, da súa propia man, onde fagan constar o seguinte texto.

Normativa aplicable

Publicado o: 16/03/2020