Empresa titular

O Real decreto 171/2004 defínea como aquela empresa que ten a capacidade de pór a disposición e xestionar o centro de traballo.
Correspóndelle velar por que se estableza unha correcta coordinación entre as empresas concorrentes, para o cal debe:
- Adoptar a iniciativa para establecer os medios de coordinación e comprobar que se implantaron entre as empresas concorrentes.
- Conseguir a información relativa aos riscos xerados polas actividades das empresas concorrentes e as medidas preventivas necesarias, e proporcionar as instrucións necesarias de acordo coa devandita información.
- Facilitar instrucións sobre as medidas preventivas e as actuacións en caso de emerxencia.
Ademais, se dispón de persoal propio no centro de traballo, debe facilitarlle información sobre os riscos das empresas concorrentes que poidan afectarlle e sobre as medidas a adoptar.