Empresa concorrente

Publicado o: 23/04/2024

Calquera empresa que coincide nun mesmo centro ou lugar de traballo con outras empresas ou persoas traballadoras autónomas para a realización de traballos diversos, estean estes relacionados entre si ou non.

Debe cooperar na aplicación da normativa de prevención de riscos laborais, que se concreta en:

  • Cara ás outras empresas ou persoas traballadoras autónomas concorrentes no centro:

    • Informar sobre os riscos específicos das súas actividades que poidan afectar o persoal alleo, en particular aqueles que poidan verse agravados ou modificados por circunstancias derivadas da concorrencia de actividades.
    • Comunicar decontado toda situación de emerxencia susceptible de afectar á seguridade do persoal presente no centro de traballo.
    • Informar cando se produza un accidente como consecuencia dos riscos das actividades concorrentes.
  • Cara ao persoal propio:

    • Informar sobre os riscos derivados da concorrencia de actividades empresariais no mesmo centro de traballo.