Empresa principal

Empresa que contrata ou subcontrata a realización de obras ou a realización de servizos correspondentes á súa propia actividade, e que se desenvolven no seu propio centro de traballo (Real decreto 171/2004). Pode ser ao mesmo tempo empresa titular.
Ademais de aplicarlle as obrigas da empresa concorrente e da empresa principal, correspóndelle vixiar ás empresas ás que contratou ou subcontratado, mediante:
Solicitude de acreditación por escrito de:
- Modalidade de organización preventiva nos termos establecidos polo RD 39/1997.
- Avaliación de riscos e planificación preventiva.
- En relación coas persoas contratadas:
- Información e formación preventiva.
- Entrega de equipos de protección individual.
- Vixilancia periódica do seu estado de saúde.