Auxilio por defunción

Publicado o: 23/11/2015

As persoas beneficiarias son quen soportasen os gastos do enterro.

Agás proba en contrario, presúmese que os ditos gastos soportounos, por esta orde:

  • O/a cónxuxe sobrevivente.
  • O/a sobrevivente dunha parella de feito.
  • Os fillos/as.
  • Os/as parentes da persoa falecida que convivisen habitualmente con esta.

A contía da prestación ascende a 46,41 € para falecementos ocorridos no ano 2015.