Problemas accedendo á zona privada co navegador IE?

A nova zona privada é compatible co navegador Internet Explorer a partir da versión 9. Se tes unha versión máis antiga, recomendámosche actualizar o navegador ou usar unha das alternativas dispoñibles. Se xa dispós da última versión, comproba que non esteas utilizando o modo compatibilidade.

Realiza os seguintes pasos para comprobar e eliminar o modo compatibilidade:

1. Comprobar se estamos utilizando o modo compatibilidade

Este paso podemos saltalo e ir directamente aos puntos 2 e 3. Para comprobar se estamos utilizando o modo compatibilidade, premeremos a tecla [F12] do teclado, e na nova pantalla que se ve, poderemos ver, na parte dereita, un selector co modo compatibilidade que se está utilizando.

Na imaxe da dereita, podes ver que o modo que se está utilizando é o da versión 7 do Internet Explorer.

2 e 3. Eliminar o modo compatibilidade para as páxinas de Mutua Universal

Para eliminar o modo compatibilidade, iremos ás opcións de menú, se non visualizas as opcións de menú, preme a tecla [Alt]. Seleccionaremos a opción de menú "Ferramentas" e dentro "Configuración de vista de compatibilidade", ver imaxe 2

No cadro que aparece, hai que seleccionar todas as entradas que conteñan "mutuauniversal.net" e facer clic sobre o botón "Eliminar", ver imaxe 3.

 


Queres volver buscar respostas sobre algún tema?