Problemas co acceso?


Publicado o: 23/02/2016

Que é un usuario?

É unha persoa física identificada co seu NIF/NIE que foi dada de alta no sistema nalgún momento. Cada usuario ten asociada un contrasinal único.


Que é unha conta?

É o conxunto de datos (CIF e CCC) e de aplicacións da Zona Privada aos que ten acceso un usuario. Un mesmo usuario pode ter diversas contas. Un administrador da Zona Privada pode crear tantas contas diferentes como necesite agrupando como queira o CIF e CCC aos que ten acceso e asignandoas a un ou varios dos usuarios que creou.


Esqueciches o teu contrasinal?

Se non lembras o teu contrasinal debes restablecelo. Para iso, debes premer en "Esqueciches o teu contrasinal?", indicarnos o teu NIF/NIE e esperar a recibir unha mensaxe ao correo electrónico que asociaches o teu usuario. Nesa mensaxe haberá unha ligazón para que poidas restablecer o contrasinal de maneira rápida e segura.


Mantemento de contrasinais e caducidade

Deberás cambiar o contrasinal como mínimo unha vez ao ano ou caducará e terás que proporcionar un novo para entrar á Zona Privada.

Se non accedes á Zona Privada durante 180 días o teu contrasinal quedará inactivo e deberás indicarnos o teu NIF/NIE e esperar a recibir unha mensaxe ao correo electrónico que asociaches o teu usuario. Nesa mensaxe haberá unha ligazón para que poidas restablecer o contrasinal de maneira rápida e segura.

Como a Zona Privada contén datos confidenciais especialmente sensibles, o contrasinal debe ser o máis seguro posible, por iso debe ter:

  • Entre 8 e 30 caracteres
  • Polo menos unha maiúscula
  • Polo menos unha minúscula
  • Polo menos un díxito

Navegadores compatibles

Comproba que utilizas un dos navegadores compatibles coa nova Zona Privada:

  • Edge
  • Google Chrome
  • Firefox
  • Safari

Axudámosche?

Contacta co teu interlocutor

902121212

Chama

900 10 82 00

De luns a venres de 8:00h a 19:00h