Prestación por risco no embarazo

Publicado o: 29/09/2015

Esta prestación ten como finalidade protexer a traballadora embarazada dunha situación de risco, cando non resulte técnica ou obxectivamente posible o cambio a outro posto de traballo ou actividade compatible co seu estado.

O subsidio valorarase en función do tipo de risco e a semana de xestación da traballadora.

Mutua Universal autorizará a suspensión do contrato/fin de actividade, sendo ese o día de inicio do subsidio, que finalizará o día anterior ao parto.

Recoñecemos o subsidio por risco de embarazo como unha prestación derivada de continxencia profesional, en cumprimento do Real decreto 295/2009 do 6 de marzo.


Que situación protexe esta prestación?

Cando no seu posto de traballo existen axentes, procedementos ou condicións de traballo que poden influír negativamente na súa saúde ou na do feto.

Son beneficiarias desta prestación as traballadoras por conta allea ou propia e que se encontren en situación de suspensión de contrato e inscritas en calquera Réxime da Seguridade Social.

As beneficiarias deben cumprir os requisitos esixidos:

  • Estar afiliadas e en alta.
  • Estar ao corrente no pagamento de cotas, no caso de traballadoras responsables da cotización.
  • Non estar en situación de baixa por incapacidade temporal.

Non se considera situación protexida aquela en que a patoloxía que padece a traballadora non está relacionada co posto de traballo desempeñado, sendo neste caso unha situación susceptible de derivar en baixa por continxencias comúns.


Natureza da prestación económica

A xestión e o pagamento corresponde á entidade xestora ou colaboradora na modalidade de pagamento directo. A contía da prestación será equivalente ao 100% da base reguladora de continxencias profesionais, e non é necesario período de carencia para ter dereito á prestación.

A duración da prestación estará unicamente limitada pola propia existencia do risco, polo que esta se iniciará o día da suspensión do contrato de traballo/fin de actividade e finalizará o día anterior ao parto (inicio do permiso maternal a cargo do Instituto Nacional da Seguridade Social, INSS).

Traballadora e empresa están obrigadas a comunicar a Mutua Universal calquera circunstancia que implique a suspensión ou do dereito ao subsidio:

  • Suspensión do contrato de traballo por maternidade (nacemento do bebé).
  • Reincorporación da muller traballadora ao seu posto de traballo anterior ou a outro compatible co seu estado.
  • Interrupción do embarazo.
  • Falecemento da beneficiaria.
  • Extinción do contrato de traballo (paso a situación de desemprego).
  • Fin de chamamento en contratos fixos descontinuos.
  • Por causar baixa no Réxime Especial da Seguridade Social.

Como se tramita esta prestación?